O colectivo Fuck Cómics expón en Vigo o seu traballo

Fuckexpo

1/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
11 lecturas | Compartido 0 veces
O local La Cantina, na viguesa rúa de Martín Codax, alberga desde hoxe a segunda mostra de portadas e ilustracións do colectivo Fuck Cómics. Na exposición poden verse traballos dos distintos números do fanzine que publica este grupo de autores canda a obras de varios dos seus membros. O colectivo anuncia, ademais, a vindeira publicación do cuarto número da súa publicación. Nos últimos tempos algúns dos compoñentes do grupo están a conseguir recoñecemento no esterior, coma Alex Cal, que acaba de publicar os seus primeiros traballos en Estados Unidos e mais Violeta, que ten unha sección fixa na revista Kiss Comix.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades