O Concello de Santiago acollía na mañá deste 8 de xullo a presentación de Desembarco Chévere, o programa co que a histórica compañía teatral celebra os seus 35 anos de traballo. Entre os vindeiros meses de setembro e decembro diferentes localidades do país poderán asistir a representacións de montaxes recentes coma N.E.V.E.R.M.O.R.E, Curva España e As fillas bravas, ademais de recuperar o clásico formato da Ultranoite.
O programa conta tamén, a partir do 13 de outubro, coa exposición Sala NASA 1992-2022, que repasará a traxectoria da compañía na Zona C de Santiago de Compostela, a conmemorar os trinta anos destes extinto espazo cultural. Ademais, a editorial Kalandraka publicará o volume Autobiografía Chévere 1987-2022 e unha novela gráfica de Tristán Ron amosa a visión que tivo sobre este lugar un cativo criado entre as súas paredes.
No campo escénico, o Desembarco reparte funcións por diferentes localidades do país. Deste xeito, Noia acollerá a 111 Ultranoite do grupo, con sesións dos días 23 e 24 de setembro e autobuses desde Compostela. En novembro poderán verse no Auditorio de Galicia Curva España e N.E.V.E.R.M.O.R.E, a coincidir cos vinte anos da catástrofe do Prestige e con propostas didácticas para escolares. Vimianzo, nese mesmo mes, e Barcelona e A Coruña en decembro, recibirán tamén estas obras. As Fillas Bravas de Momán e mais As Fillas Bravas e o Mito de Casandra, pola súa banda, farán parte desta celebración con funcións entre os días 7 e 9 de outubro na Sala Ártika de Vigo.