Kalandraka publicará as obras completas de Chévere

A compañía levará ao MIT de Ribadavia o seu recuperado Annus Horribilis

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

Continúan as celebracións das tres décadas de traballo da compañía teatral Chévere. Á xa anunciada recuperación das obras Río Bravo, Annus Horribilis e Ultranoite no país dos ananos, que se poderán ver en Compostela ao longo do mes de xullo, súmase agora o anuncio de que Kalandraka editará as obras completas do grupo. Ademais, o vindeiro mes de setembro a capital galega acollerá a posta en escena dunha antoloxía das Ultranoites. Aínda que as tres obras que agora recupera a compañía só se poderán ver por xunto en Compostela, o grupo leva tamén á Mostra internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas unha función de Río Bravo o día 1 de xullo. Pola súa banda na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia poderá verse Annus Horribilis o día 16. A mesma obra visitará o festival luso Tom de Festa, en Tondela, na véspera.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Kalandraka, Teatro, MIT...