Chévere recupera tres musicais clásicos para celebrar os seus trinta anos

Compostela acollerá en xullo representacións de Río Bravo, Annus Horribilis e Ultranoite no país dos ananos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Chévere recupera tres musicais clásicos para celebrar os seus trinta anos

A celebrar as súas tres décadas de traballo a compañía Chévere recupera tres obras musicais xa clásicas da súa carreira, que se poderán ver ao longo do mes de xullo en Compostela. Deste xeito, Río Bravo primeiro grande éxito do grupo, poderá verse no Teatro Principal entre o 4 e o 9 de xullo, mentres o Auditorio de Galicia acollerá entre os días 12 e 14 as representacións de Annus Horribilis. Finalmente, a Praza da Quintana será o escenario dunha representación gratuíta da Ultranoite no País dos Ananos o día 19 do mesmo mes. A compañía asegura que con presentación conxunta e exclusiva destas funcións a compañía quere reivindicar o seu vínculo coa capital galega. As entradas están xa á venda a través de Abanca. Río Bravo tamén se poderá ver na vindeira edición da Mostra de Teatro Cómico de Cangas.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Teatro, Clásicos, Abanca...