'Río Bravo' gaña o Premio do Público da Mostra de Teatro de Cariño

A obra da compañía Chévere estreouse en 1990 e faise un pase ao ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Representación de "Río Bravo 3.1" na Mostra de Teatro Galego de Cariño

Representación de "Río Bravo 3.1" na Mostra de Teatro Galego de Cariño

A representación que a compañía Chévere fixo na 40ª Mostra de Teatro Galego de Cariño da súa obra Río Bravo 3.1 foi a favorita dos asistentes do evento, que coas súas votacións danlle o Premio do Público desta edición. A obra da compañía compostelá, probablemente a máis lonxeva da mostra, volveu a convencer con éxito, vinte e oito anos despois da súa estrea. A obra, que a compañía volveu a poñer en escena co gallo do seu trinta aniversario de actividade, tivo tan boa resposta nesta volta aos escenario que Chévere anunciou que de agora en adiante fará unha representación cada ano deste “western” en clave de comedia musical. O da Mostra de Cariño foi o correspondente a actual temporada así que haberá que agardar ata o vindeiro ano para volver a vela sobre as táboas dalgún escenario aínda sen confirmar.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Teatro, Comedia

Claves

Entidades
Conceptos