A volta ás táboas da histórica RÃo Bravo, unha das primeiras montaxes da compañÃa teatral Chévere con ocasión do trinta aniversario do grupo, ergueu o pasado ano unha grande expectación. Agora a compañÃa acaba de anunciar no seu web que ante o eco acadado decidiu comezar a tradición de ofertar unha representación deste western en clave de comedia cada ano. A Mostra de Teatro Galego de Cariño acollerá, o vindeiro 17 de agosto a primeira cita.
Ademais, e segundo adiantou Erregueté, a revista galega de teatro, a compañÃa está a traballar nunha versión audiovisual de Eroski ParaÃso. Este verán estaremos traballando nun novo proxecto: a adaptación cinematográfica de Eroski ParaÃso, que dirixirá Jorge Coira e será coproducida por Chévere e Ollovivo e patrocinada por Vegalsa-Eroski e Deleite. Segundo explica a publicación "tratarase dun filme experimental baseado no espectáculo de Chévere no que se incorporarán dúas cámaras dentro da acción escénica coma se fosen dous actores ou actrices reais". A rodaxe, dirixida por Jorge Coira desenvolverase este mesmo verán e prevese que se poida ver proximamente na TVG. O filme está coproducido por Chévere e Ollovivo e patrocinado por Vegalsa-Eroski e Deleite.
Finalmente, a compañÃa anunciou tamén o retorno das súas célebres Ultranoites ao Auditorio Constante Liste da Ramallosa, en Teo, a partir do vindeiro outono. O web Redenasa.tv ten xa dispoñibles as entradas para as seis funcións que se desenvolverán os dÃas 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de setembro.