Chévere estrea en Vigo 'As Fillas Bravas e o Mito de Casandra'

As emblemáticas personaxes creadas en 2014 volven nunha montaxe retranqueira sobre o cambio climático

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Chévere estrea en Vigo 'As Fillas Bravas e o Mito de Casandra'

Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar volven á escena como As Fillas Bravas (Isaura, Dosinda e Benedita, respectivamente), na nova obra que estás personaxes creadas en 2014 desde a compañía Chévere estrean mañá: As Fillas Bravas e o Mito de Casandra. A Sala Ártika de Vigo acolle os días 11, 12 e 13 as primeiras representacións deste espectáculo adiado desde o pasado mes de maio. As Fillas Bravas son tres ficticias pandereteiras do lugar de Momán, parroquia de Padrenda, concello de Trabancas, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría. Nesta nova montaxe con dirección e dramaturxia de Xesús Ron sobre un texto de Manuel Cortés, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular conversa cantada na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. O espectáculo ten previstas xa algunhas datas de xira nos vindeiros meses en espazos de Outes, Burela, Curtis e Zas.

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Vigo, Espectáculo, Patricia de Lorenzo...