Chévere leva As fillas bravas de xira por todo o país

A última produción da compañía estreouse este verán na Mostra Internacional de Cangas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Chévere leva As fillas bravas de xira por todo o país

Logo de a estrear este verán no Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas e de a presentar en encontros como o Galicia Escena Pro, Chévere comezou este outono a xira da súa ultima obra. As fillas bravas supón un achegamento ao cancioneiro tradicional e á visión sobre a sexualidade a as relacións de xénero que se presentan no mesmo. Patricia de Lorenzo, Mónica García e Arantza Villar protagonizan unha obra dirixida por Xesús Ron na que o humor serve de vehículo para "reafirmar modelos empoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados". As vindeiras paradas da xira serán hoxe mesmo en Carballo, mañá en Caldas e domingo na escola-mosteiro de Lampai, en Teo.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Cangas, Xesús Ron, Patricia de Lorenzo...