
Segundo recolle Chévere no seu web "para nós N.E.V.E.R.M.O.R.E. é unha forma de acudir á memoria colectiva dun deses pobos que se poden borrar do mapa sen que pase nada. Un pobo que, asà e todo, en decembro de 2002 fixo seu o berro do corvo e non se deixou convencer polas mentiras daqueles que aseguraban que todo volverÃa ser coma antes. Contar esta historia é tamén un conxuro para desfacer o feitizo que sigue rodeando a catástrofe do Prestige, convertida nunha metáfora estrañamente perfecta desa cultura do petróleo que nos impide ver que hai máis alá da catástrofe, coma se non puidésemos habitar outro lugar que non sexa ese. Coma se non fose posible encontrar un rinoceronte gris dentro dunha caixa negra".
A estrea estará acompañada o vindeiro dÃa 20 da proxección de Eroski ParaÃso e un coloquio posterior e mais do debate Carta Blanca sobre (marea) negra o dÃa 21. Con posterioridade o espectáculo continuará a súa xira por Galicia, con tres funcións en Santiago de Compostela (do 22 ao 24 de outubro), Lugo (6 e 7 de novembro), Ferrol (12), VilagarcÃa (13), Pontevedra (18), A Coruña (3 e 4 de decembro), Ourense (10 e 11), Vigo (27 de xaneiro), e Narón (29), ademais de representacións previstas en Valladolid, Barcelona ou Sevilla entre outras localidades.