O Centro Dramático Nacional programa Garage de Voadora

A compañía galega leva ao Teatro Valle-Inclán de Madrid a súa reflexión sobre o xénero na industria

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
O Centro Dramático Nacional programa Garage de Voadora

Desde hoxe, e ata o vindeiro domingo 14 de outubro, o Teatro Valle-Inclán de Madrid acolle as representacións de Garage, última montaxe da compañía galega Voadora. O Centro Dramático Nacional inclúe esta obra sobre a situación da mulleres na industria do automóbil na súa programación da temporada. A obra, que se presentou en Galicia no marco do festival Escenas do Cambio, foi coproducida con MA Scène Nationale – Pays de Montbéliard co apoio de AECID, Embajada Española en París e Cooperación Española.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Dramático Nacional, Voadora, Teatro, Madrid...