Morre o profesor de paleografía Miguel Romaní

Era un dos grandes expertos na documentación medieval galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hoxe á mañá coñeceuse a nova da morte do profesor da Facultade de Historia da Universidade de Santiago Miguel Romaní. Romaní era un referente no ámbito da paleografía e diplomática medieval galega, onde desenvolveu numerosos traballos de investigación de gran relevancia para coñecer a documentación medieval do país, así como para realizar edicións que permitiran a outros investigadores poder acceder a moitos textos medievais, moitas veces asociados a complexas circunstancias de lectura, datación ou interpretación.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte

Claves

Conceptos