Hoxe pola mañá o CCG presentou o repositorio documental Gallaeciae Monumenta Historica. Inspirado nos grandes corpus documentais producidos en Europa desde o século XIX, o CCG dixitalizou as súas publicacións de documentación medieval para permitir unha exploración máis ampla da rica documentación medieval galega.
Gallaeciae Monumenta Historica é un repositorio web que contén na actualidade máis de 3.000 documentos do corpus medieval galego en latÃn, galego e castelán. Os documentos, procedentes de máis de vinte publicacións, acompáñanse de ensaios e estudos de contexto que permiten, aos interesados non especialistas, profundar na historia da escritura medieval ou nas caracterÃsticas da documentación monástica do paÃs.
Cada un destes 7.000 documentos foi interpretado e analizado para entender os conceptos, as persoas e os lugares aos que se refire; algo notablemente difÃcil debido a que a ausencia de estándares de escritura na Idade Media provocaba que os nomes de lugares, de conceptos e mesmo de persoas variaran notablemente. As documentalistas da empresa De Historia deberon interpretar estes textos.
O resultado é que cada documento ten numerosas referencias cruzadas que permiten seguir as trazas de aristócratas, eclesiásticos, burgueses e mesmo servos ao longo de documentos, observando parcialmente a súa historia persoal. E o mesmo acontece con numerosos lugares de Galicia presentes na documentación -desde cidades ata aldeas que xa non existen- e con conceptos como fincas, animais ou produtos á venda.
Normalización
A maiores, Gallaeciae Monumenta Historica contou cunha comisión de expertos en documentación medieval que aproximaron as posturas entre os historiadores e os filólogos nos criterios de transcrición de documentos. GAllaeciae Monumenta Historica propón un estándar que permitirá unificar (e homologar) transcricións de documentos, xa que ata este momento en Galicia non se producira.