Un dúo galego opta aos Premios Eisner de banda deseñada

Pablo Pereira e Silvia Santamaría compiten na categoría de webcómic pola súa obra Unmasked

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Un dúo galego opta aos Premios Eisner de banda deseñada

Un thriller que segue as aventuras dun grupo de persoas que acordan nun bosque sen memoria e cunhas máscaras que non poden tirar. Este é o argumento básico de Unmasked, unha das cinco obras que optan a un Premio Eisner, considerados os Oscar da banda deseñada, na categoría de webcómic.

A obra é produto do traballo de dous novos autores galegos, Pablo Pereira e Silvia Santamarina, que estudaron o ciclo de Ilustración na escola de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense e que na actualidade cursan o de Deseño. Os capítulos deste webcómic están dispoñibles na plataforma Webtoon. O fallo dos premios darase a coñecer o vindeiro 22 de xullo no curso da Cómic Con de San Diego.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Cómic, Ourense

Claves

Lugares