USCénica 2022, o festival de artes escénicas que impulsa a USC en Santiago de Compostela, está xa desde este martes e ata o vindeiro 9 de xullo ofrecendo o seu amplo programa de actuacións musicais e teatrais, así como a súa complementaria liña de accións formativas. Os 19 espectáculos previstos nesta terceira edición do evento desenvolveranse, segundo o tempo o permita, na Terraza do Auditorio da Universidade ou no seu interior na Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño (Avenida de Vigo, s/n. Campus Vida), así como no Teatro Principal (Rúa Nova, 21) e no Salón Teatro (Rúa Nova, 34). As entradas só poderán retirarse o mesmo día da función nos espazos onde se programa cada espectáculo.
Laboratorio escénico Coop, Avelina Pérez, Helena Salgueiro, Elas (Asociación Ámbar), VACAburra, Inversa Teatro, Diego Anido, Le BarLuthier, Estíbaliz Espinosa, Funboa Escénica, Límites (Corpo Colectivo Transfronteirizo), Elahood, Bárbara Domínguez ou The Swinging Flamingos son algúns dos nomes propios que integran o cartel desta edición aos que se suma a Aula de Teatro da USC coa obra 'A casa a forza'. Algunhas das montaxes estiveron xa xirando por salas nos pasados meses pero outras non se puideron ver en Santiago ata agora. A formación é outro dos eixos sobre os que se asenta este festival. A programación deste ano aborda dende a introdución á composición musical en escena ou ao espazo escénico sonoro, pasando pola arte de acción, a interpretación, ou mesmo a dirección escénica.