Nace USCénica o festival de artes escénicas da Universidade de Santiago

Durante o mes de xullo ofrecerá 16 espectáculos de teatro, música e danza con recadación solidaria

Durante o mes de xullo ofrecerá 16 espectáculos de teatro, música e danza con recadación solidaria
A Universidade de Santiago ven de presentar USCénica unha resposta solidaria desde a cultura á situación do momento e o seu primeiro festival profesional de artes escénicas, co que ofrecerá 12 xornadas de música, teatro e danza en Santiago de Compostela. Esta nova actividade de verán preséntase coma unha proposta solidaria, xa que a totalidade da recadación irá destinada á asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela e tamén coma un reforzo cultural ante os tempos complexos e unha "aposta por aquilo que nos une e nos inspira, por todas e cada unha das súas formas", segundo palabras do Reitor, Antonio López. A Área de Cultura. Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Servizos produce este evento dirixido por Roberto Salgueiro. Entre o 1 e o 18 de xullo USCénica ofrecerá cinco concertos, jazz co Pablo Sanmamed Trío e música electrónica a cargo de Fronteira Paraíso: seis obras de teatro coma Os cans non comprenden a Kandinsky, de Avelina Pérez; O empapelado amarelode A quinta do cuadrante ou Microspectivas dun marica millenial, de Incendiaria, ou Despois das ondas, de Butaca Zero entre outras. Ademais tamén haberá dous espectáculos de danza contemporánea e tres "performances" escénicas a cargo de Helena Salgueiro, Iria Sobrado e María Roja. A terraza do auditorio da universidade, a sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e o Salón Teatro acollerán estes actos. Os actos na terraza son de balde pero precisan de previa recollida de entradas. O acceso ás funcións programadas na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño e no Salón Teatro teñen un prezo de 3 euros (máximo 2 entradas por persoa).

Ligazóns