A Asociación Vidal Bolaño presenta as súas propostas

Manuel Quintáns é o presidente de honra da nova entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas 2013Teatro
Compartir:
A Asociación Vidal Bolaño presenta as súas propostas

#RVB 2013 é o nome da programación coa que a Asociación Roberto Vidal Bolaño engloba as propostas que presentaba onte no Salón Teatro de Santiago para lembrar o dramaturgo ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas Este ano. Un ambicioso programa, centrado nas táboas, inclúe eventos como a celebración dun Festival de Teatro Afeccionado ou a representación de Doentes nas rúas de Compostela. Ademais das actividades que se programan desde o Centro Dramático Galego, tamén se elaborará unha exposición en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e haberá proxeccións do filme Doentes en centros de ensino de todo o país, entre outras propostas. Manuel Quintáns Suárez, estudoso do teatro e da obra de Roberto Vidal Bolaño foi nomeado onte presidente de honra da asociación

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Roberto Vidal Bolaño, Día das Letras Galegas, Política Lingüística...