Nace a Asociación Roberto Vidal Bolaño

Pretende promover actividades e asesorar sobre a obra e figura do escritor

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeTeatroDía das Letras Galegas 2013
Compartir:
Roberto Vidal Bolaño

Roberto Vidal Bolaño

Belén Quintáns, Roi Vidal, Rubén Ruibal, Antón Dobao, Francisco Macías, Xosé Manuel Fernández Castro e Camilo Franco están a promover a creación da Asociación Roberto Vidal Bolaño (RVB 2013). Entre os seus cometidos, segundo figura nunha nota de prensa está “promover a figura e a obra do autor dez anos despois da súa desaparición, así como realizar labores de orientación ou asesoría sobre a obra e a figura do escritor, fornecer de materiais para o ensino e canalizar as necesidades que poidan ter colectivos e particulares arredor da súa figura”. Desta forma se organiza unha entidade arredor da figura deste persoeiro ao que se lle dedica o día das letras galegas o vindeiro ano.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Enredados con RVB

Enredados con RVB

A rede volcase en descubrir a Roberto Vidal Bolaño a propósito do Día das Letras

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Vidal Bolaño, Antón Dobao, Rubén Ruibal, Xosé Manuel Fernández Castro...