Unha tertulia inicia os actos de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Falar de Roberto

A Roberto Vidal Bolaño gustábanlle as tertulias, por iso non é de estrañar que o primeiro dos actos de homenaxe que lle organizaron os seus amigos fose precisamente unha charla. Antón Dobao, Camilo franco ou Manolo Quintáns participan hoxe na primeira actividade que pretende homenaxear a figura do dramaturgo tres anos despois da súa morte. A seguinte cita terá lugar o día 18, que será cando se represente a súa obra “Doentes polas rúas de Compostela”. Os actos comezan dous días despois de que tivera lugar outra homenaxe, a que políticos, escritores e artistas lle dedicaron a Manuel María tomando como efeméride o seu nacemento.

Máis información sobre a homenaxe a Roberto Vidal Bolaño en Galicia Hoxe e en La Voz de Galicia