Teatro de Aquí anuncia que a estrea da "Ópera do patacón" marca o final da súa carreira

Roberto marcha con ópera

24/1/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A compañía Teatro de Aquí, que fundara e dirixira o falecido Roberto Vidal Bolaño anunciou onte a fin da súa carreira. A "Ópera do patacón", que se poderá ver desde hoxe e ata sábado no Teatro Principal de Compostela será a última produción da compañía. Segundo a responsable do grupo, Belén Quintáns, a situación económica virou insostible logo da desaparición de Vidal Bolaño, e esta posta en escena da súa obra, dirixida por Marcos Orsi, quere servirlle de homenaxe ao autor.

Máis información en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Teatro, Teatro de Aquí, Roberto Vidal Bolaño...

Claves

Protagonistas
Conceptos