O Mostra de Teatro Cómico de Cangas homenaxea a Roberto Vidal Bolaño cunha lectura das súas obras

Bolaño en Cangas

10/9/2003 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A lectura dramatizada de anacos seleccionados das súas obras é o xeito en que a Mostra de Teatro Cómico de Cangas homenaxeará hoxe e mañá ao desaparecido dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. A partir das oito e media da tarde o café Canis Lupus acollerá estes actos, que se integran no programa paralelo deste evento. Ademais, continúan as representacións con “Carmen. Ópera sangrienta” a cargo da compañía Catroemedio, e para mañá, “Defendiendo al cavernícola”, protagonizada por Nancho Novo.

Máis información en O Correo Galego e no web da mostra

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Roberto Vidal Bolaño, Lectura, Teatro...