A SECAL de Lugo homenaxea a Paco Pestana

Este vindeiro luns comeza a XXVª Semana de Exaltación da Cultura e Arte de Lugo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteSociedade
Compartir:
A SECAL de Lugo homenaxea a Paco Pestana

Apostando de novo pola cultura como ferramenta de dinamización e polo tecido empresarial como apoio dela a Asociación de Empresarios Lugo Monumental organiza desde o luns 20 unha nova edición da SECAL, Semana de Exaltación da Cultura e Arte de Lugo. Esta acción que terá lugar entre o 20 e o 26 terá como protagonista ausente ao artista recentemente falecido Paco Pestana, ao que dedica o seu cartel e do que se ofrecerá unha exposición de obras súas cedidas pola familia. A SECAL recupérase como un xeito de que o tecido empresarial do casco histórico lugués colabore cos artistas locais, prestando os escaparates e espazos de comercios e hostalería para que estes poidan expor e poñer á venda as súas obras durante toda a semana, ademais a SECAL ofrece outras actividades culturais, como concertos e visitas guiadas aos museos Diocesano e Provincial. Ata vinte artistas locais exporán en diferentes locais do casco urbano. O recordo a Paco Pestana, que en anteriores ocasión foi pregoeiro deste evento, incluirá unha mostra que poderá verse na Farmacia da Cruz, da rúa Conde Pallares.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Paco Pestana, Museos

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares