Unha mostra leva a 26 artistas lucenses a Madrid

Lugo chega a Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
“Ars Moenia” é o nome baixo o que se agrupan 26 artistas lucenses nunha exposicion que onte abriu as súas portas no centro comercial “Puerta de Toledo” en Madrid.  A mostra, que está promovida pola Deputación de Lugo, ten un dobre obxectivo: por unha banda dar a coñecer a artistas como Antonio Murado, Caxigueiro, Fina Eiros, Lomarti, Paco Pestana, Luz Darriba, Roberto González ou Xosé Artiaga e por outra banda, a comercialización das súas obras. O seguinte paso a esta iniciativa, que se enmarca dentro do interese da Deputación de fomentar aos artistas plásticos lucenses, será a da concesión das bolsas aos novos valores.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Paco Pestana, Xosé Artiaga, Caxigueiro...