Antonio Murado leva ó CGAC a súa visión do espacio feita durante unha década

Un millón de acres

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Antonio Murado (Lugo, 1964) xa chegou ó Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Logo da boa acollida que tivo en Madrid, Murado chega a Compostela para amosar novas e vellas obras. As xa coñecidas eran as súas Marañas, que evocan paisaxes microscópicas. E as novas son fotografías de paisaxes que el entende como "ensaios ou experimentos que trasladará ós cadros". Baixo o título de "Un millón de acres" Murado presenta un mundo imaxinario creado durante unha década en Nova York, onde reside habitualmente.

Máis información na web do Centro Galego de Arte Contemporáneo

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Nova York, Madrid, Lugo...