Desde este luns trece de xuño e ata o vindeiro día 19, Vilagarcía de Arousa celebra a segunda edición da Cidade do Libro. O proxecto concentra as súas actividades na Praza da II República e leva as súas propostas para o público infantil ao Parque Miguel Hernández. Ademais, a Illa de Cortegada acollerá a presentación dos últimos traballos de Paula Carballeira, cunha visita guiada polo lugar, e de Manuel Jabois. Ademais, o recentemente falecido Domingo Villar protagonizará unha homenaxe no domingo 19.
Entre os atractivos máis destacados da proposta está o ciclo Conversas no Solpor, que reúne a diferentes sinaturas arredor dun tema. Así, Yolanda Castaño, Xurxo Alonso e Marwan falarán sobre poesía; Marcos Lorenzo, Anxo Luxilde e Ángel Martín conversarán encol das súas obras sobre felicidade e saúde mental e Ramón Villares e Manuela Carmena centrarán na historia e na política o seu encontro.
As conversas contarán tamén coa terna de Manuel Jabois, Diego Ameixeiras e Ledicia Costas, centrada na novela negra, unha sesión sobre literatura xuvenil a cargo de Blue Jeans, Elena Gallego e Eva Mejuto e mais un repaso da situación actual das letras con Ángela Banzas, Emma Pedreira e Javier Cercas.
Canda a isto, o programa recolle diferentes actuacións, unha escape room, un certame de cosplay ou concertos como o de Marwan ou A Gramola gominola.