O conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, acordaba este 8 de xuño coa súa homologa andaluza a cesión á Xunta do cadro Instruments de musique et compotier sur une table. Esta obra de mocidade de Pablo Picasso que representa un gaiteiro considérase como unha das que máis exemplifican a influencia galega no traballo do autor.
O acordo de cesión permitirá incorporar esta peza á exposición Picasso, branco no recordo azul. A Coruña 2023 coa que a Xunta vai conmemorar o 50 aniversario da morte do artista no Museo de Belas Artes na Coruña. O cadro, propiedade da fundación belga FABA, está na actualidade depositado no Museo Picasso de Málaga.
Canda a esta cesión, segundo adianta a Xunta, "tamén se avanzou en distintas colaboracións con centros expositivos de AndalucÃa para incorporar asà outras pezas relevantes na traxectoria artÃstica de Picasso, como óleos sobre lenzo, libros ilustrados ou litografÃas" conservadas nesa comunidade ao proxecto.
A grande exposición sobre o pintor, comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira, fai parte do programa conxunto de España e Francia que levará actividades por diferentes museos e cidades vencelladas ao pintor ao longo do vindeiro ano. Segundo adiantou RodrÃguez, con este proxecto "divulgaremos a etapa galega de Picasso, quizais unha das máis descoñecidas dentro de súa ampla traxectoria, do xeito máis completo posible".
Segundo el "esa foi unha época fundamental para o desenvolvemento do seu carácter e estilo ao coincidir en anos clave da súa vida persoal e cónstanos que son varias as pezas que o demostran en distintos centros expositivos".