O Goberno Central recúa e mantén Ría de Ribadeo como único topónimo oficial

O Ministerio de Transportes aceptou o recurso da Deputación de Lugo sobre a cuestión

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O recurso que a Deputación de Lugo presentou ante a decisión do Ministerio de Transportes de aceptar como oficial o topónimo Ría do Eo, foi aceptado. Deste xeito, o organismo estatal recúa e "polo momento", a denominación Ría de Ribadeo será a única aceptada para este accidente xeográfico.

Segundo informa Nós Diario, a Deputación recibiu na mañá deste 27 de maio o comunicado coa resolución do Ministerio, que o pasado mes de outubro acordara admitir a denominación Ría do Eo, proposta desde Asturias. No entanto, o organismo estatal anuncia a vindeira elaboración dun informe para emitir unha resolución definitiva e motivada sobre a cuestión.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadeo, Deputación de Lugo, Ministerio de Transportes, Goberno Central...