Ponte Maceira será ben de interese cultural

A declaración inclúe 30 elementos do conxunto

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
A Ponte Maceira. Foto: Lansbricae / WIkipedia

A Ponte Maceira. Foto: Lansbricae / WIkipedia

Ponte Maceira é un dos conxuntos etnográficos e históricos máis coñecido da contorna de Santiago. Localizado entre Negreira e Ames, o elemento máis coñecido é a ponte medieval, construída polo arcebispado de Santiago para comunicar a cidade cos seus territorios da costa. O Goberno aprobou a súa declaración como Ben de Interese Cultural, que será publicada en vindeiras datas no Diario Oficial de Galicia. Canda ela, o decreto incorpora outros trinta elementos da súa contorna inmediata como hórreos, cruceiros ou muíños. A ponte foi erguida ao redor dos séculos XIII e XIV e pasou por unha fase de ruína, ao derrubarse no ano 1792, non sendo restaurada ata comezado o século XIX. Foi obxecto dunha gran restauración por parte da Xunta en 1987.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Muíños, Ames, Negreira