A Xunta declara BIC a ponte de Pontevea

O monumento medieval conecta as provincias da Coruña e Pontevedra sobre o Ulla

O consello da Xunta anunciou esta mañá a declaración da ponte de Pontevea, que cruza o Ulla entre Teo e A Estrada, como Ben de Interese Cultural. O viaducto, que conecta as provincias da Coruña e de Pontevedra, será inscrito na categoría de monumento. A ponte, construída no século XVI, tivo importantes reconstrucións no XVIII, e destaca polos seus arcos oxivais e os tallamares triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo, que chegan ata o beiril.


O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, visitou onte o emprazamento e anunciou a vindeira elaboración dun proxecto de rehabilitación integral da ponte que incluirá o acondicionamento da contorna. Segundo sinalou, o Concello da Estrada comprométese a deseñar un anteproxecto de ideas para desenvolver estas actuacións. Chinese hookup has become extremely popular for young Western women in the last few years, mainly due to the fact that they have now been exposed to the benefits of online dating. As a result, there are many Chinese dating websites and sites that are now available for anyone to sign up to and try. Ademais, o conselleiro solicitou a colaboración do Concello de Teo e das Deputacións da Coruña e de Pontevedra "para esta actuación de posta en valor do ben e articular ao seu redor uns espazos para o ocio, o turismo e o uso e disfrute por parte da cidadanía".