
En paralelo, o DOG recolle tamén a incoación do xa anunciado expediente para protexer como BIC o arquipélago de Sálvora, na RÃa da Arousa. O espazo será recoñecido na categorÃa de paisaxe cultural, a atender, segundo recolle o texto, ás súas caracterÃsticas como "un lugar identificable polo conxunto de cualidades culturais senlleiras, tanto materiais como inmateriais, no cal se combina a obra singular da natureza e o desenvolvemento do enxeño humano, resultando un complexo destacable da interacción e interpretación dunha comunidade agrogandeira e mariñeira nun medio natural xeneroso pero exixente, que o sustenta e que constitúe o soporte material da súa identidade, en definitiva, unha paisaxe cultural senlleira". A declaración atende a elementos arquitectónicos como "a aldea, o faro, a telleira, a taberna e a salgadura", asà como a capela, o almacén, o camiño ou as fontes.
Mentres non se fai efectiva a declaración destes novos BICs, os mesmos ficarán inscritos de xeito preventivo no Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.