Patrimonio paraliza a ponte onda o mosteiro de San Bieito de Lérez

O departamento propón levala augas abaixo

21/1/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A proximidade ao mosteiro de San Bieito de Lérez, Ben de Interese Cultural, levou a Patrimonio a desautorizar o proxecto da ponte que a Deputación de Pontevedra quería construír nesta zona. A obra, que pretende unir os barrios de Monteporreiro e Lérez salvando o río, implicaría a construción duha rotonda a só 36 metros do histórico edificio. A Deputación anunciou a súa intención de reclamar a decisión de Patrimonio, mentres que Felipe Arias, director deste departamento apuntou a opsibilidade de que o viaducto se constrúa finalmente augas abaixo, nas proximidades da actual ponte do ferrocarril ou da proxectada para o AVE.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lérez, Ben de Interese Cultural, Deputación de Pontevedra, Pontevedra