Os premios Ari(t)mar recoñecen os versos de Lúa Mosquetera e Wilma Vieira

Ana Moura e Xisco Feijóo levaron os premios na categoría musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Escola Oficial de Idiomas de Santiago deu a coñecer este 19 de maio o fallo dos premios Ari(t)mar na categoría de poesía. A composición Anorak de pel de caribú de Lúa Mosquetera foi escollido entre os poemas galegos pola votación popular a través da rede, mentres dos portugueses impúxose na elección E se eu fosse eu? de Wilma Vieira.

Estes galardóns súmanse aos da categoría de música, fallada previamente. Nesta o galego Xisco Feijóo, co seu tema Peixe e mais a portuguesa Ana Moura e o seu Andorinhas foron as propostas que conseguiron máis apoio. O certame contou con máis de 5.000 votos para escoller as propostas vencedoras en cada unha das categorías. A organización outorgou ademais o Premio Especial á embaixada da amizade Galego-Lusófona á iniciativa radiofónica escolar Ponte... nas ondas!

Na categoría de poesía quedaron finalistas Inma Doval e Teresa Rios pola banda galega e Raquel Serejo e Sérgio Godinho na portuguesa. En música, á súa vez, os finalistas galegos foron Dakidarría e Caamaño&Ameixeiras e os portugueses Miguel Araújo e Carolina Deslandes.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lúa Mosquetera, Moura, Poesía, Dakidarría...

Claves

Protagonistas
Lugares