Todo o mundo é imbécil menos eu. Peter Bagge e o cómic underground é o tÃtulo da exposición que abre este 18 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Comisariada por Kiko da Silva, a mostra fai un percorrido polo traballo deste recoñecido autor estadounidense de banda deseñada, nunha colectánea de pezas orixinais sobre temas de actualidade que se poderá ver ata o vindeiro 17 de xullo.
A mostra fai parte dos actos da xira que está desenvolver o autor por Galicia. No marco da mesma, a librarÃa Paz de Pontevedra acolle na tarde deste mesmo 18 de maio unha sesión de sinaturas. Ademais, Bagge impartirá unha palestra ás 19 horas no Pazo da Cultura de xeito previo á inauguración da exposición.
O autor visitará posteriormente os establecementos Banda Deseñada de Vigo (19 de maio), Kómic de Santiago (20 de maio), cun encontro no Centro sociocultural O Ensanche, e mais a coruñesa Alita Cómics (dÃa 21).