Unha mostra de Prado e unha mesa redonda en Cuenca amosan os nosos autores de BD no exterior

Autores fóra: Exposición e debate

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A biblioteca Can Fabra, en Barcelona, acolle desde o pasado 17 de abril e ata o vindeiro 17 de maio a mostra Geografies Humanes. A exposición permite ver planchas orixinais de Miguelanxo Prao estruturadas en catro ámbitos: a súa olladas sobre o futuro, a visión irónica do cotián, as illas físicas e persoais e mais os mundos e as travesías. Pola súa banda, Kiko da Silva participa o vindeiro 25 de abril nunha mesa redonda sobre “O cómic na actualidade” no marco da VI Feira do Libro e da Lectura de Castela a Mancha. Canda a el, no encontro debaterán Pasqual Ferry, Jesús Moreno e Carles Santamaria na Biblioteca Pública de Cuenca.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kiko da Silva, Feira do Libro, Cómic, Castela...