Chega a Compostela Continente María

A obra de teatro que celebra a María Casares estreouse na Coruña este 16 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Chega a Compostela Continente María

Unha das propostas máis orixinais das conmemoracións sobre María Casares polo seu centenario, a obra teatral Continente María, chega este 19 de maio a Compostela despois de se estrear o día 16 na Coruña. O proxecto, unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) con Ainé Producións e o Concello da Coruña, parte dun texto de Marianella Morena e conta coa dirección Tito Asorey, o traballo actoral de Melania Cruz e a música ao vivo do pianista Vadim Yukhnevich.

O proxecto preséntase como "un canto ao teatro e á vida a través do diálogo coa extraordinaria figura de María Casares. Presenta a actriz como o mapa dun continente a percorrer gozando dos detalles da súa paisaxe chea de vitalidade e ganas de vivir". Logo da estrea, o Salón Teatro de Compostela acollerá a montaxe ata o vindeiro 29 de maio.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Casares, Teatro, Asorey, Tito Asorey...