Tito Asorey dirixe a nova coprodución do CDG e Ainé

A obra ' Recortes, caneos e outras formas de driblar' comeza os seus ensaios co elenco ao completo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Foto: Aigi Boga

Foto: Aigi Boga

O vindeiro 29 de setembro terá lugar a estrea de ' Recortes, caneos e outras formas de driblar', a nova coprodución do Centro Dramático Galego e a produtora Ainé que ven de iniciar os ensaios e que xa ten nomes propios. Baixo a dirección de Tito Asorey, o espectáculo creado cunha dramaturxia de José L. Prieto a partir da investigación do xornalista Nacho Carretero sobre a cara oculta do fútbol, ofrecerá un percorrido lúdico, crítico e musical polo mundo deste deporte. O elenco está conformado por Manuel Cortés, Christian Escuredo, Xoán Fórneas, Isabel Garrido, Xosé A. Touriñán e Sergio Zearreta. O equipo conta tamén con Sara Rey na asistencia á dirección, Vadim Yukhnevich na composición musical, José Faro Coti a cargo do espazo escénico, Laura Iturralde no deseño de iluminación e audiovisuais, Laura Baena no de vestiario e Rosa Moledo no asesoramento lingüístico. Con este espectáculo arrancará no Salón Teatro de Santiago a nova temporada 2022-2023 da unidade teatral da Xunta de Galicia, que contará con outras dúas producións.

Que che parece esta nova?
116 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asorey, Tito Asorey, Espectáculo, Nacho Carretero...