Pouco máis dun ano pasou desde que foi presentada a edición da obra Despois das ondas, texto de Ernesto Is co que gañou o XVIIIº Premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña e que chega agora sobre as táboas do Teatro Colón. A obra, convertida nun espectáculo que mestura cine en directo, teatro e música estréase hoxe no espazo coruñés producida pola Deputación da Coruña (convocadora do premio) e Butaca Zero. Baseada no percorrido vital da actriz MarÃa Casares, a obra amosa como despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, MarÃa Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral. Xavier Castiñeira dirixe a Belén Constenla e Nerea Brey que dan vida á Casares en distintos momentos da súa vida.
Na obra vese a unha MarÃa Casares convertida na gran actriz da escena e do cinema francés, sÃmbolo da España refuxiada, recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe tras corenta anos de exilio, que é reencontrar a súa identidade. O elenco complétao Sonsoles Cordón e a dramaturxia, asà coma a axudantÃa na dirección son do autor Ernesto Is. A produción corre a cargo de Esther F. Carrodeguas. O espectáculo só estará hoxe na Coruña, con entrada libre ata completar aforo, para pasar este mesmo sábado, 4 de maio, a representarse no auditorio de Rianxo. Non hai máis datas previstas polo de agora.