Roberto Salgueiro gaña o XVII Premio de Teatro Rafael Dieste

O galardón da deputación coruñesa está dotado con 6.500 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Roberto Salgueiro gaña o XVII Premio de Teatro Rafael Dieste

Como mil cachiños de vidro que a dor escurece é o título da obra coa que o escritor e director teatral Roberto Salgueiro acaba de gañar o XVII Premio de Teatro Rafael Dieste. O xurado do galardón que convoca a Deputación da Coruña valorou a "potencia da súa escrita, expresada no ambiente, ton e confección de personaxes, polo que constitúe unha aportación singular ao repertorio da literatura dramática galega" así como que o texto resulta "absolutamente factíbel para a súa representación". O premio está dotado con 6.500 euros e mais a publicación da obra a cargo da propia Deputación.

O xurado desta edición de premio estivo composto polo autor, director e actor Cándido Pazó, as actrices Belén Constenla e Mónica García, o Profesor de Arte Dramático Óscar Codesido e o xornalista Alfonso Hermida, co actor e dramaturgo Xoán Mexuto como comisario e presidido polo deputado responsable da área de Cultura, Xosé Regueira.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rafael Dieste, Roberto Salgueiro, Teatro, Literatura...