Valdeorras engalánase para celebrar a Florencio Delgado Gurriarán

O Pleno da Real Academia e o Concerto das Letras do Consello da Cultura integran a programación institucional

16/5/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:

Foto: Concello do Barco de Valdeorras

A comarca de Valdeorras convértese desde hoxe á tarde no epicentro das Letras Galegas. Por unha banda, o Consello da Cultura Galega organiza ás 20 horas o Concerto das Letras Galegas no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, ás 20 horas. O concerto será levado a cabo polo grupo de cámara Zoar, que interpretará pezas de destacados compositores contemporáneos de Florencio Delgado, vinculados ás vangardas e varios deles vinculados co exilio político en México (Adolfo Salazar, Rodolfo Halfter, Jesús Bal y Gay, Frederic Mompou e Gerardo Gombau). A eles se lle une unha compositora moza, Carme Rodríguez, que estrea a peza "Diásporas". O concerto é de entrada libre no Barco e pode ser seguido en directo. Por outra banda, a Real Academia Galega celebrará mañá martes ás 12.30 unha sesión extraordinaria na Aira dos Bolos de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), con intervencións de Ramón Villares Paz, Rosario Álvarez Blanco e Xesús Alonso Montero, pechando o acto o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. A sesión tamén será transmitida en directo desde o web da RAG.

Concerto das Letras Galegas:

Sesión da Real Academia Galega:

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Valdeorras, Florencio Delgado Gurriarán, Rosario Álvarez, Xesús Alonso Montero...