Como é tradicional, o Consello da Cultura Galega celebra na véspera do DÃa das Letras Galegas o Concerto das Letras, centrado na figura e obra do autor homenaxeado. Desta volta, o grupo Zoar foi o cuarteto designado para a interpretación. Nela achegaranse a creacións musicais vinculadas á diáspora mexicana, como Adolfo Salazar, Rodolfo Halffter e Jesús Bal y Gay, ou con pezas que son unha chiscadela á cultura local, como a "Aureana do Sil" de Federic Mompou. O grupo tamén presentará unha estrea absoluta da peza "Diásporas", composta pola ribadense Carme RodrÃguez, construÃda a partir de catro textos do poemario Galicia infinda de Florencio Delgado Gurriarán. A soprano que interpretará estes poemas será Clara Jelihovschi Panas. O acto celebrarase no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras o luns 16 de maio ás 20 horas.