A nova edición do festival S8 quere "traer á xente nova desde a pequena pantalla á grande"

Celebrarase na Coruña entre o 27 de maio e o 5 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Estreas das "dúas mulleres máis importantes da vangarda cinematográfica itnernacional" serán o prato forte do S8, a XII Mostra de Cinema Periférico que se celebrará na Coruña entre o 27 de maio e o 5 de xuño. Serán a longa Falling Lessons, de Amy Halpern, e Ute Aurand, que contará cun programa específico ao redor da súa obra. Ao tempo, o festival contará cunha programación en liña creado expresamente para a edición, titulado Ultreia et suseia, no que se incorproan entrevistas a diferentes cineastas galegos como Carla Andrade, Diana Toucedo, Helena Girón e Samuel Delgado, Xisela Franco, Tono Mejuto, Xiana do Teixeiro, Alexandre Cancelo e Berio Molina. O festival coruñés incluirá tamén varios programas e actividades con diferentes creadores como Leah Singer, Lee Ranaldo, Dianna Barrie, Richard Tuohy ou Alexandre Larose, entre outros.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, A Coruña, Xisela Franco, Berio Molina...