
O festival contará con seccións xa coñecidas polo público -Xerme, Sinais, Sinais en Curto, DesbordamientosÂ…- pero tamén incorporará varios formatos e contidos novos creados en exclusiva para esta edición. É o caso de Camera Obscura, un novo espazo na rede que nace tomando como referencia o coñecido programa de cine experimental Screening Room, emitido de 1972 a 1981 na televisión pública de Boston. Neste 2020 e pensando en novos xeitos de difundir o cinema experimental, o (S8) recolle o testemuño de Screening Room para crear Camera Obscura, un programa emitido en liña e cun formato renovado que contará cunha estética peculiar e unha clara vocación creativa. Neste Camera Obscura, o público poderá coñecer a fondo os procesos de traballo de cineastas como Amy Halpern, Tomonari Nishikawa, Alexandre Larose e Valentina Alvarado, repasando a súa obra a través do visionado online dalgunhas das súas pelÃculas. Ademais, nesta sección tamén haberá oco para lembrar a traxectoria dunha das personalidades máis especiais que pasaron polo festival: o recentemente falecido Luther Price.