Ponte... nas ondas! presenta a publicación dixital Memoria e Patrimonio

O proxecto compila as imaxes galardoadas no Certame Imaxes do Patrimonio

13/5/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimoniobanda deseñada
21 lecturas | Compartido 0 veces

Unha selección de 25 fotografías que resultaron galardoadas nas primeiras edicións do Certame Imaxes do Patrimonio que convoca iniciativa educativa transfronteiriza Ponte... nas ondas! son a base da publicación dixital Memoria e Patrimonio.
O proxecto, que acaba de ver a luz, recolle estas imaxes e acompáñaas de textos interpretativos do propio alumnado e de audios a recoller esa información. Canda a isto achéganse actividades interactivas e, en cada caso, unha banda deseñada dunha páxina de Andrés Meixide a interpretar a imaxe.

O volume, de 31 páxinas está dispoñible en formato pdf para a súa descarga ademais e no formato interactivo no web de Ponte... nas ondas! No seu interior pódense atopar mostras do patrimonio inmaterial galego-portugués tiradas dos álbums familiares do alumnado dos centros de ensino integrados nesta iniciativa. Festas, bailes, xogos, traballos, imaxes do cotián ou mesmo fotografías de enterros pódense atopar neste traballo. A publicación desenvolveuse co apoio do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Universo culturagalega.gal

28/01/2013

A memoria de Muxía

O proxecto Buserana compila e pon na rede o patrimonio inmaterial desta vila da Costa da Morte

Contextos