Ponte... nas ondas! publica os traballos sobre patrimonio inmaterial dos seus certames

A iniciativa recolle textos, fotos e vídeos realizados por alumnos de Galicia e Portugal

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Os traballos de centos de alumnos para as sete edicións do certame de recolla de patrimonio que entre 2006 e 2013 organizou a iniciativa Ponte... nas ondas! están agora dispoñibles na rede. Segundo explica o web da proposta, trátase de "milleiros de páxinas de descricións, análises, fotografías e transcricións, ademais de moitas horas de gravacións repartidas en máis de medio milleiro de arquivos de audio e vídeo" que tomaron forma en 150 traballos. Investigacións feitas en centros de ensino de Galicia e Portugal sobre ámbitos como os xogos e os oficios tradicionais, a medicina popular, o contrabando, as historias e contos de aparecidos ou a música e o baile son algúns dos temas que están presentes no material agora presentado.

Alguns dos exemplos de material presentado en Ponte... nas ondas!

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Portugal, Medicina, Contos, Ensino

Claves

Conceptos
Lugares