Ponte... nas ondas! inicia a súa XVIII edición

A xornada multimedia escolar poderá seguirse no web da iniciativa

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

Co lema Ponte a contar! o proxecto escolar Ponte... nas ondas! celebra desde as dez da mañá de hoxe a súa xornada número XVIII. Vinte e catro horas de programación que elaboraron alumnos de 55 centros escolares de Galicia, Portugal, Brasil, Cuba, Colombia, Arxentina e Chile. Canda a eles, contacontos e investigadores de diferentes países participan na iniciativa, que busca recuperar historias de tradición oral. Entre outros contidos, emitirase a X Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa que se celebrou a pasada semana en Vigo ou unha reportaxe sobre as XII Jornadas Internacionais do conto da Universidade do Minho.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradición oral, Universidade do Minho, Chile, Colombia...