Ponte... nas ondas! dedícalle aos avós a súa XVI edición

A xornada radiofónica celébrase o vindeiro 16 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O tesouro dos avós é o lema co que sairá ao ar, o vindeiro 16 de abril, a nova edición de Ponte... nas ondas!. O proxecto radiofónico e televisivo escolar contará coa participación de máis de 70 centros de Galicia, Portugal, Brasil, Chile, Colombia, Cuba e Arxentina nesta súa décimo sexta edición. En total o proxecto quere cubrir máis de 24 horas de programación de radio e de televisión por Internet, promovendo de diferentes xeitos as relacións entre os alumnos participantes e os seus maiores.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Colombia, Chile, Cuba...