Ponte... nas ondas prepara a súa XVII xornada cunha xornada en Vigo

A emisión radiofónica celebrarase o vindeiro 3 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:
Cartel do XVII Ponte... nas ondas

Cartel do XVII Ponte... nas ondas

A asociación Ponte... nas ondas celebrará o vindeiro 3 de xuño a XVII edición da súa xornada radiofónica, que terá nesta ocasión as bibliotecas vivas como tema central e que contará coa presenza de centros de ensino de Galicia, Brasil, Cuba, Portugal, Arxentina e Colombia. Dentro das actividades previas, o colectivo celebra no Verbum de Vigo unha xornada na que o grupo Limiar Teatro dará a coñecer o concepto de bibliotecas vivas e mais a literatura galego-portuguesa, así como unha Revista Oral Sobre os Libros Vivos. Ademais, poderá verse o documental Brasil somos nós sobre a experiencia de Carlos Núñez neste país.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Bibliotecas, Brasil, Carlos Núñez...