Quen se achegue ata a praia de Espasante (Ortigueira) poderá observar nun xardÃn un exemplo moi ben preservado de factorÃa romana, con pÃas de salga de considerable altura en bo estado de preservación e un patio. O xacemento apareceu durante os controis arqueolóxicos nunha finca dun dos chalés próximos á praia na que se pretendÃa construÃr unha nova vivenda, e supón o redescubrimento dun xacemento escavado polo arqueólogo Federico Maciñeira a principios do século XX. A intervención desvelou catro das dez pÃas localizadas ata o momento, aÃnda que a presenza de materiais é moi escasa debida a estes traballos de principios do século XX e á "reutilización" da factorÃa posteriormente, segundo sinalou o arqueólogo Francisco Herves a La Voz de Galicia. Segundo o escavador, o xacemento formarÃa parte dun conxunto de explotacións pesqueiras de diferentes épocas localizadas na área desta praia. O xacemento será tapado de novo e recuperado o seu uso anterior como xardÃn.