Finaliza a quinta campaña no castro de Armea revelando "unha auténtica cidade romana"

Aparecen restos de columnas e inscricións

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Membros do equipo da excavación. Foto: Universidade de Vigo

Membros do equipo da excavación. Foto: Universidade de Vigo

Nos anos 50, Conde-Valvís excavou no xacemento coñecido como Cidade de Armea, en Allariz. Entre as fotos que publicou, apreciábanse basas e fustes de columnas. O erudito deixounas soterradas no mesmo lugar unha vez que rematou a intervención. Ata estes días, cando o equipo arqueolóxico que traballa de novo no xacemento de Armea, localizou para a súa sorpresa os mesmos elementos que atopara Conde Valvís, conformando basas e fustes de columnas que deberon dar soporte a unha das casas localizadas. E moito máis. A quinta campaña en Armea, realizada nunha zona coñecida como a Atalaia, confirma a relevancia do que o director do proxecto, o arqueólogo Adolfo Fernández, definiu como "un xacemento único, unha auténtica cidade romana", con estruturas moi ben conservadas e algunhas de mesmo ata dous metros de altura. Toda a zona intervida foi fundada arredor do século I despois de Cristo e abandonada no III. Entre os achados máis relevantes desta campaña, están unha inscrición en dúas pedras nas que é visible o texto "MAX", e que os arqueólogos vinculan ao nome do propietario da vivenda. O equipo confía en excavar o vindeiro ano no Outeiro dos Pendóns, a parte máis alta da Cibdá, onde buscan comprobar se foi ocupado en época romana ou anterior.


Perspectiva da área de excavación onde se pode comprobar o estado de conservación dos muros.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castro de Armea, Adolfo Fernández, Atalaia, Allariz...

Claves

Protagonistas