
A homenaxe incluirá unha laudatio a cargo de Marta Dacosta, quen destaca que Amaral "é a poeta que contraría a tradición, a que reinterpreta e volve falar dos mitos, das personaxes, das figuras prototípicas. Contraría e ironiza. Nos seus poemas Penélope négase a Ulises e Medea decide ficar no palacio. Lemos os seus poemas como espellos en que a palabra ocupa o lugar exacto, transparente, simbólico, traslada sentimentos, constrúe un mundo propio sen artificios innecesarios. Espida, densa, directa." A entrega deste galardón faise, polo xeral, a coincidir coa Gala do Libro Galego.