A Coruña énchese coas voces de Ida Vitale e Manuel Rivas

O ciclo Poetas Di(n)versos reúne esta tarde na Coruña aos dous poetas

28/3/2022 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces

Ida Vitale e Manuel Rivas.

O Centro Ágora da Coruña reunirá esta tarde ás 20 horas as voces de dúas das grandes referencias da poesía en castelán e galego. Ida Vitale (Montevideo, 1923) é unha das poetas máis afamadas en español, Premio Cervantes (2018) xunto con outros moitos galardóns. ÇA sú apoesía ficou reunida nunha edición en 2017. Pola súa banda, Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é un dos escritores galegos de maior proxección internacional e sempre combinou a prosa e o xornalismo coa poesía. O seu poemario máis recente é O que fica fóra (2021). A entrada é libre e sen reserva ata completar aforo.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas